Estimadas familias:
antes de nada espero que todos/as estedes ben.
Como ben sabedes durante esta semana estiven todos os días colgando o material para que o alumnado realizara na casa.
Nestes momentos é moi importante que os nenos/as traballen diariamente para poder seguir avanzando e non perder o ritmo e a rutina de traballo.
Todo o material que estou enviando será entregado á volta das clases. É importante que acompañedes aos nenos no traballo e lle corrixades aqueles fallos que teñan.
No caso de que non teñades opción a imprimir o material, poderase copiar nun folio ou libreta.
E xa para finalizar, agradeceríavos que contactases comigo para calquera dúbida e sobre todo para saber como van os nenos/as co traballo escolar. Para iso, vos pediría encarecidamente entrar en:
ou no meu correo:
margarita.campos@edu.xunta.es
Quedo a vosa disposición.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario