miércoles, 29 de abril de 2020

Instrucións definitivas da Consellería de Educación sobre o 3º trimestre

Boas tardes a todos/as,

no día de onte a Consellería publicou as instrucións sobre este trimestre, e como xa vos comentara o 14 de abril, este terceiro trimestre vanse levar a cabo actividades de recuperación, repaso, reforzo e no seu caso, ampliación das aprendizaxes dos outros dous trimestres anteriores. 
Isto é o que levamos facendo dende a volta de Semana Santa e polo que continuaremos deste xeito. 

En canto á avaliación das actividades realizadas na fase non presencial só vai a ter valor positivo para a cualificación do alumnado. 
Creo que é importante para o alumnado, sempre na medida do posible, enviarme as tarefas diarias que realizan os nenos/as. No caso de que teñades algún problema, non dubidedes en poñervos en contacto comigo.

Aproveito para agradecervos o traballo que estades a facer cos nenos/as e tamén o labor que conleva enviarme todos os días as tarefas, dende o primeiro día do 3º trimestre.

Un saúdo.

Material para o mércores 29 de abril

Material para 1º primaria

Material para 2º primaria


lunes, 27 de abril de 2020

Material para o luns 27 de abril

Hoxe o traballo vai a ser igual para ambos cursos. É diferente pero creo que vos gustará!
Podedes enviarme o que vos queirades, non é obrigatorio!

Material para 1º e 2º primaria



lunes, 20 de abril de 2020

Videochamada para o alumnado de 1º primaria

Bos días a todos/as!

Despois de motos días sen vernos, os nenos e máis eu, creo que sería importante ter contacto con eles. Gustaríame facer unha videochamada conxunta con todos/as mediante a app Cisco Webex, unha app avalada pola Xunta de Galicia.

Podedes descargala en calquera dispositivo, tanto ordenador, tablet ou móbil.

Parécevos facer a videochamada o venres 24 ás 12.30h?

Nestes días intentade descargar a app e cando a teñades avisádeme por classroom ou meu email e xa vos mando a invitación.
Xa me dicides se vos parece boa idea.

Un saúdo!

Traballo para o luns 20 de abril

Comeza unha nova semana e con ela algunas novas.

A partir de hoxe, o material de traballo que fagan os nenos/as deberedes enviarmos. Podedes sacarlle unha foto co móbil ou escanealos e enviarmo ao meu email:
margarita.campos@edu.xunta.es

Agradeceríavos, se é posible, que mo enviarades día a día para así poder ir correxindo ,sobre todo temas de escritura.

Moitas grazas e un saúdo a todos/as!

Material para 1º primaria

Material para 2º primaria

martes, 14 de abril de 2020

Material de C.Natureza

Aquí tedes o material de Ciencias da Natureza da teacher Pili, para facer esta semana.

Material

Material de traballo para martes 14 de abril

Bos días a tod@s!!

despois destes días de vacacións, imos a comezar a traballar un pouco, que vos parece? Imos entón!

Material para 1º primaria

Material para 2º primaria



3º Avaliación

Estimadas familias:

hoxe comeza o 3º trimestre e séguese mantendo a suspensión da actividade lectiva presencial. Onte tivemos un comunicado da Consellería de Educación, onde nos insta a continuar co traballo que ata o de agora viñemos facendo, é dicir, traballando sobre os contidos afianzados nos pasados trimestres.

Nesta semana, vai haber novidades en relación a esto, polo que vos pido encarecidamente que estedes atentos ás novas.

E xa para rematar, déixovos unha información do Concello do Val do Dubra, para aquelas familias que precisen deste servizo.
Se tedes calquera cuestión, non dubides en poñervos en contacto conmigo, mediante a app Classroom ou no meu email:
margarita.campos@edu.xunta.es



Un saúdo.
Margarita Campos 

jueves, 2 de abril de 2020

Material para venres 3 de abril

Bos días!!
Aquí vos deixo o derradeiro traballo destas semanas. O luns comezan as vacacións de Semana Santa, polo que é importante que descansedes un pouquiño despois destos días de "teletraballo".
Non olvidedes seguir lendo!
Unha aperta para todo/as!

Material para 1º primaria

Material para 2º primaria


E para as familias, pedirvos que estedes atentos á páxina web do centro, por se hai algunha novidade.


miércoles, 1 de abril de 2020

Material para o xoves 2 de abril

Material para 1º primaria

Material para 2º primaria


Notas 2º avaliación

Bos días,

como sabedes, tedes a vosa disposición as notas correspondentes ao 2º trimestre, na aplicación AbalarMóbil.

Por favor, pídovos encarecidamente que me confirmedes que as puidestes ver.

Aqueles pais/nais que todavía non me responderon a esta petición, por favor, enviádeme unha mensaxe de confirmación por classroom ou ao meu correo:
margarita.campos@edu.xunta.es

Moitas grazas.