miércoles, 29 de abril de 2020

Instrucións definitivas da Consellería de Educación sobre o 3º trimestre

Boas tardes a todos/as,

no día de onte a Consellería publicou as instrucións sobre este trimestre, e como xa vos comentara o 14 de abril, este terceiro trimestre vanse levar a cabo actividades de recuperación, repaso, reforzo e no seu caso, ampliación das aprendizaxes dos outros dous trimestres anteriores. 
Isto é o que levamos facendo dende a volta de Semana Santa e polo que continuaremos deste xeito. 

En canto á avaliación das actividades realizadas na fase non presencial só vai a ter valor positivo para a cualificación do alumnado. 
Creo que é importante para o alumnado, sempre na medida do posible, enviarme as tarefas diarias que realizan os nenos/as. No caso de que teñades algún problema, non dubidedes en poñervos en contacto comigo.

Aproveito para agradecervos o traballo que estades a facer cos nenos/as e tamén o labor que conleva enviarme todos os días as tarefas, dende o primeiro día do 3º trimestre.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario