Estimadas familias:
hoxe comeza o 3º trimestre e séguese mantendo a suspensión da actividade lectiva presencial. Onte tivemos un comunicado da Consellería de Educación, onde nos insta a continuar co traballo que ata o de agora viñemos facendo, é dicir, traballando sobre os contidos afianzados nos pasados trimestres.
Nesta semana, vai haber novidades en relación a esto, polo que vos pido encarecidamente que estedes atentos ás novas.
E xa para rematar, déixovos unha información do Concello do Val do Dubra, para aquelas familias que precisen deste servizo.
Se tedes calquera cuestión, non dubides en poñervos en contacto conmigo, mediante a app Classroom ou no meu email:
Un saúdo.
Margarita Campos

No hay comentarios:
Publicar un comentario