viernes, 12 de junio de 2020

Traballo para o venres 12 de xuño

E estes xa son os últimos deberes que faredes!
Toca descansar porque traballastes moito, así que noraboa a vós e aos vosos pais polo traballo feito neste meses!


1º primaria

2º primaria


miércoles, 10 de junio de 2020

Traballo para o mércores 10 de xuño

Nota aclaratoria:
Estos días puidestes ver que saltei algún tema, páxinas ou exercicios. Esto débese a que algún dos contidos van a ser ensinados o próximo curso debido á súa dificultade. 
Os contidos que non se ensinaron neste trimestre serán aprendidos o próximo curso.


1º primaria

2º primaria

viernes, 22 de mayo de 2020

Traballo para o venres 22 de maio

Bos días,
quería recordar, de novo, que é importante enviarme as tarefas para poder correxilas e avalialas. Se tendes algún problema, non dubidedes en comentarmo.
Saúdos.

1º primaria

2º primaria
Bolboreta de 2º

martes, 19 de mayo de 2020

Traballo para o martes 19 de maio

1ºprimaria

2º primaria

Corrección para 1º primaria.

En L.Castelá no exercicio que hai que facer na libreta de emparellar as palabras das dúas columnas para facer as comparacións, repítese noche, así que no lugar sería nieve.



viernes, 1 de mayo de 2020

Día do Libro 2º primaria

O alumnado de 2º, para conmemorar o Día do Libro, crearon unha historia sobre un neno e un tigre. Queredes saber máis?
Pois entrada neste enlace e poderedes ler este conto!


Cuento "El tigre y el niño"

miércoles, 29 de abril de 2020

Instrucións definitivas da Consellería de Educación sobre o 3º trimestre

Boas tardes a todos/as,

no día de onte a Consellería publicou as instrucións sobre este trimestre, e como xa vos comentara o 14 de abril, este terceiro trimestre vanse levar a cabo actividades de recuperación, repaso, reforzo e no seu caso, ampliación das aprendizaxes dos outros dous trimestres anteriores. 
Isto é o que levamos facendo dende a volta de Semana Santa e polo que continuaremos deste xeito. 

En canto á avaliación das actividades realizadas na fase non presencial só vai a ter valor positivo para a cualificación do alumnado. 
Creo que é importante para o alumnado, sempre na medida do posible, enviarme as tarefas diarias que realizan os nenos/as. No caso de que teñades algún problema, non dubidedes en poñervos en contacto comigo.

Aproveito para agradecervos o traballo que estades a facer cos nenos/as e tamén o labor que conleva enviarme todos os días as tarefas, dende o primeiro día do 3º trimestre.

Un saúdo.

Material para o mércores 29 de abril

Material para 1º primaria

Material para 2º primaria


lunes, 27 de abril de 2020

Material para o luns 27 de abril

Hoxe o traballo vai a ser igual para ambos cursos. É diferente pero creo que vos gustará!
Podedes enviarme o que vos queirades, non é obrigatorio!

Material para 1º e 2º primaria



lunes, 20 de abril de 2020

Videochamada para o alumnado de 1º primaria

Bos días a todos/as!

Despois de motos días sen vernos, os nenos e máis eu, creo que sería importante ter contacto con eles. Gustaríame facer unha videochamada conxunta con todos/as mediante a app Cisco Webex, unha app avalada pola Xunta de Galicia.

Podedes descargala en calquera dispositivo, tanto ordenador, tablet ou móbil.

Parécevos facer a videochamada o venres 24 ás 12.30h?

Nestes días intentade descargar a app e cando a teñades avisádeme por classroom ou meu email e xa vos mando a invitación.
Xa me dicides se vos parece boa idea.

Un saúdo!

Traballo para o luns 20 de abril

Comeza unha nova semana e con ela algunas novas.

A partir de hoxe, o material de traballo que fagan os nenos/as deberedes enviarmos. Podedes sacarlle unha foto co móbil ou escanealos e enviarmo ao meu email:
margarita.campos@edu.xunta.es

Agradeceríavos, se é posible, que mo enviarades día a día para así poder ir correxindo ,sobre todo temas de escritura.

Moitas grazas e un saúdo a todos/as!

Material para 1º primaria

Material para 2º primaria

martes, 14 de abril de 2020

Material de C.Natureza

Aquí tedes o material de Ciencias da Natureza da teacher Pili, para facer esta semana.

Material

Material de traballo para martes 14 de abril

Bos días a tod@s!!

despois destes días de vacacións, imos a comezar a traballar un pouco, que vos parece? Imos entón!

Material para 1º primaria

Material para 2º primaria



3º Avaliación

Estimadas familias:

hoxe comeza o 3º trimestre e séguese mantendo a suspensión da actividade lectiva presencial. Onte tivemos un comunicado da Consellería de Educación, onde nos insta a continuar co traballo que ata o de agora viñemos facendo, é dicir, traballando sobre os contidos afianzados nos pasados trimestres.

Nesta semana, vai haber novidades en relación a esto, polo que vos pido encarecidamente que estedes atentos ás novas.

E xa para rematar, déixovos unha información do Concello do Val do Dubra, para aquelas familias que precisen deste servizo.
Se tedes calquera cuestión, non dubides en poñervos en contacto conmigo, mediante a app Classroom ou no meu email:
margarita.campos@edu.xunta.es



Un saúdo.
Margarita Campos 

jueves, 2 de abril de 2020

Material para venres 3 de abril

Bos días!!
Aquí vos deixo o derradeiro traballo destas semanas. O luns comezan as vacacións de Semana Santa, polo que é importante que descansedes un pouquiño despois destos días de "teletraballo".
Non olvidedes seguir lendo!
Unha aperta para todo/as!

Material para 1º primaria

Material para 2º primaria


E para as familias, pedirvos que estedes atentos á páxina web do centro, por se hai algunha novidade.


miércoles, 1 de abril de 2020

Material para o xoves 2 de abril

Material para 1º primaria

Material para 2º primaria


Notas 2º avaliación

Bos días,

como sabedes, tedes a vosa disposición as notas correspondentes ao 2º trimestre, na aplicación AbalarMóbil.

Por favor, pídovos encarecidamente que me confirmedes que as puidestes ver.

Aqueles pais/nais que todavía non me responderon a esta petición, por favor, enviádeme unha mensaxe de confirmación por classroom ou ao meu correo:
margarita.campos@edu.xunta.es

Moitas grazas.

martes, 31 de marzo de 2020

Material para o mércores 1 de abril

Xa está dispoñible o material de 1º primaria.

Material para 1º primaria

Material para 2º primaria

Publicación das notas da 2º avaliación

Estimadas familias:

Diríxome a vós para comunicarvos que mañá día 1 de abril ás 8 am estarán dispoñibles no AbalarMóbil, as notas correspondentes ao 2º trimestre.

No caso, que de teñan problemas para acceder ou visualizar as as notas, por favor poñédevos, o antes posible, en contacto comigo.

E por último, rogaríavos que unha vez recibades esta notificación, me confirmedes que foi recibida e vista.

Moitas grazas.
Atentamente,
Margarita Campos Espiño

viernes, 27 de marzo de 2020

Nota Informativa

Estimadas familias:

antes de nada espero que todos/as estedes ben.
Como ben sabedes durante esta semana estiven todos os días colgando o material para que o alumnado realizara na casa. 

Nestes momentos é moi importante que os nenos/as traballen diariamente para poder seguir avanzando e non perder o ritmo e a rutina de traballo.

Todo o material que estou enviando será entregado á volta das clases. É importante que acompañedes aos nenos no traballo e lle corrixades aqueles fallos que teñan.
No caso de que non teñades opción a imprimir o material, poderase copiar nun folio ou libreta.

E xa para finalizar, agradeceríavos que contactases comigo para calquera dúbida e sobre todo para saber como van os nenos/as co traballo escolar. Para iso, vos pediría encarecidamente entrar en:


ou no meu correo:
margarita.campos@edu.xunta.es

Quedo a vosa disposición.

Un saúdo.

jueves, 26 de marzo de 2020

Material para o venres 27 de marzo

Bos días!
Deixo o material para o último día da semana. Agora ven o fin de semana, así que toca descansar un pouco, pero non vos olvidedes de ler sempre!
Bo fin de semana, vémonos o luns!

Material para 1º primaria

Material para 2º primaria

miércoles, 25 de marzo de 2020

Material para o xoves 26 de marzo

Seguimos día a día traballando e mellorando. Aquí tedes o traballo de hoxe. Ánimo!

Material de 1º primaria

Material de 2º primaria

Corrección do traballo de lingua galega para o alumnado de 2º. O enlace que enviei non funciona, e non o dou solucionado, así que optei por outro exercicio de b/v. Nun folio copiade as palabras con b ou v e d'espoir corrixedeas pulsando sobre elas. Se tedes dúbidas escribídeme en classroom.
Novo enlace do exercicio